Biografía da conselleira

Biografía da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue.

Compártao :

Compartir
María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Naceu en Pontevedra. É licenciada en Dereito e funcionaria de carreira de Administración local con habilitación de carácter nacional, na subescala de secretaría-intervención.

Exerceu como secretaria-interventora no Concello de Lousame, secretaria nos Concellos de Tui e Mos e tesoureira no Concello de Marín.

Entre 2010 e 2015 foi directora xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), entre 2015 e 2023 xefa de área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) en Pontevedra e entre 2023 e 2024 xefa territorial de Infraestruturas e Mobilidade en Pontevedra. 

Desde as últimas eleccións autonómicas, é deputada no Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra.